O BNG solicita que se acondicione o acceso da praia do Laño

Poio
04 de xullo 2023

O BNG, na súa primeira acción dende que está na oposición, denuncia que "co novo goberno a falta de previsión que se escuda baixo a constante escusa de falta de orzamento, está mermando a calidade dos nosos servizos, cando iso nunca foi un impedimento para dar os veciños a atención e servizos de calidade"

Praia de Laño, en Poio
Praia de Laño, en Poio / Concello de Poio

A voceira do BNG, Marga Caldas, trasladou este martes na Comisión de Urbanismo as queixas veciñais polo estado dos accesos a praia do Laño en Samieira.

"Estamos en época estival e os nosos areeiros son os máis visitados, estos últimos días son moitos os coches que non poden acceder a unhas das praias máis visitadas polo mal estado do camiño que conecta coa mesma", manifesta Marga Caldas.

A concelleira nacionalista lembra que "en anos anteriores, a estas alturas de tempada os accesos estaban acondicionados, e as fincas abertas e accesibles", e pola contra "este ano non se pode aparcar e tampouco acceder, incluso a semana pasada moitos vehículos quedaron atrapados ou tiveron que saír do acceso marcha atrás".

O BNG, na súa primeira acción dende que está na oposición, denuncia que "co novo goberno a falta de previsión que se escuda baixo a constante escusa de falta de orzamento, está mermando a calidade dos nosos servizos, cando iso nunca foi un impedimento para dar os veciños a atención e servizos de calidade".