O Burla Negra e o Morning Star enfróntanse na Noite Pirata nunha espectacular abordaxe

Pontevedra
04 de febreiro 2013

A cidadanía de Pontevedra deberá decantarse o vindeiro martes 12 de febreiro, na Noite Pirata liderada por Benito Soto. As rúas de Pontevedra vibrarán cos sons dos canóns e as bravatas dos piratas que tomarán as prazas do centro histórico para participar na definitiva abordaxe do barco inglés

Actuación do Grupo Troula na Noite Pirata 2012
Actuación do Grupo Troula na Noite Pirata 2012

Burla Negra ou Morning Star? A cidadanía de Pontevedra deberá decantarse o vindeiro martes 12 de febreiro, na Noite Pirata liderada por Benito Soto. As rúas de Pontevedra vibrarán cos sons dos canóns e as bravatas dos piratas que tomarán as prazas do centro histórico para participar na definitiva abordaxe do barco inglés.

A Concellaría de Festas quixo dar nesta segunda edición da Noite Pirata un chanzo máis aló, ao contar con dúas embarcacións: o Burla Negra e o Morning Star. Ambos partirán da Praza de España para facer un percorrido por distintas rúas do centro histórico e atoparse na Praza da Ferrería para escenificar unha divertida e espectacular batalla que culminará coa abordaxe do Morning Star (Benito Soto converteu este buque no Burla negra).

De aí que fagan un chamamento a todos os pontevedreses a saír á rúa a partir das 22.00 horas e participar nesta batalla e abordaxe con humor. A Noite Pirata contará coa animación das comparsas: Os da caña, Solfamidas, Las flores del carnaval, Os paparrulos, A Esmorga, Val do Lérez, Clave de Sol e Vamos a todo.

A festa infantil

A noite pirata adiantarase un pouco para os máis pequenos. A Concellaría acordou este ano transformar a festa infantil do martes nunha festa pirata, na que, a partir das 17.00 horas, haberá ambientación e animación de rúa baixo a temática pirata.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora