O camiño que une Resille e O Lameiro contará con novo firme

Marín
03 de abril 2023

Que a vía estea en condicións de seguridade e siga dando servizo veciñal, agrícola e doméstico aos seus usuarios. É o obxectivo que busca o Concello de Marín coa actuación prevista para mellorar o firme do camiño que une os lugares de Resille e O Lameiro

Obras no camiño entre Resille e O Lameiro
Obras no camiño entre Resille e O Lameiro / Concello de Marín

Que a vía estea en condicións de seguridade e siga dando servizo veciñal, agrícola e doméstico aos seus usuarios. É o obxectivo que busca o Concello de Marín coa actuación prevista para mellorar o firme do camiño que une os lugares de Resille e O Lameiro.

O camiño, que ten unha extensión duns 200 metros, contará cun novo pavimento que xa se está colocando.

O proxecto, que ten un orzamento de máis de 46.000 euros, será financiado pola Xunta de Galicia a través do PIR Rural, o plan autonómico de infraestruturas rurais.

Actualmente, este camiño non ten firme e está nun estado de malas condicións, chegando a ser intransitable nalgúns momentos do inverno polas chuvias.

Os traballos incluirán o acondicionamiento e a reposición dos regadíos existentes, a drenaxe e o afirmado do camiño, a demolición do pavimento existente e a roza e a limpeza da plataforma.