O campus de Pontevedra acolle un congreso adicado a "repensar Europa desde aquí"

Pontevedra
15 de setembro 2017

Por segundo ano consecutivo, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e o Observatorio de Gobernanza G3 da Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo organizarán a partir deste próximo luns 18 de setembro, o Congreso de Estudos Internacionais de Galicia

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación / Universidade de Vigo

Por segundo ano consecutivo, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e o Observatorio de Gobernanza G3 da Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo organizarán a partir deste próximo luns 18 de setembro, o Congreso de Estudos Internacionais de Galicia. 

Baixo o título "Repensar Europa desde aquí", este congreso permitirá reflexionar sobre o que está actualmente a acontecer en Europa, da man de expertos tanto galegos como provenientes de España e Portugal. 

O acto de inauguración se realizará o próximo luns 18 de setembro, a partir das 16:00 horas, no salón de graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra.

Posteriormente, a partir das 16:30 horas, se iniciará formalmente este congreso cunha conferencia inaugural que, baixo o nome de "Galeguismo e Europeísmo", estará a cargo de Camilo Nogueira Román, quen fora representante galego ante o Parlamento Europeo (1999-2004). A presentación será realizada por Daniel González Palau.