O candidato popular á alcaldía, Rafa Domínguez, estrea redes sociais

Pontevedra
03 de novembro 2018

Ademais da conta de Twitter que xa utilizaba, Domínguez habilitou nos últimos días contas en Instagram e Facebook. Neste proceso de renovación tamén se inclúe a nova conta de Youtube do Partido Popular de Pontevedra

Nova conta de Facebook de Rafa Domínguez, candidato do PP á alcaldía
Nova conta de Facebook de Rafa Domínguez, candidato do PP á alcaldía

As eleccións municipais están cada vez máis preto, e iso nótase na estratexia dos candidatos á alcaldía de Pontevedra, que buscan novas canles de comunicación cos votantes.

É o caso do candidato do Partido Popular e presidente da agrupación local, Rafa Domínguez, que estreou esta semana contas en dúas redes sociais.

Domínguez (@RafaDominguezPo) habilitou contas en Instagram e Facebook, que se suman á de Twitter que xa viña utilizando.

Trátase, asegura o candidato popular, de abrir "novas vías a través das que canalizar as nosas mensaxes e que todos aqueles que o desexen poidan utilizar para transmitirnos as súas ideas, opinións e demandas", sinalou co obxectivo de "chegar a todos os pontevedreses" e recoñecendo as redes sociais como un "vehículo imprescindible á hora de dar a coñecer como queremos que sexa Pontevedra".

Neste proceso de renovación tamén se inclúe a nova conta de Youtube do Partido Popular de Pontevedra.