O cantante de 'Aquí no hay playa' alerta en Barro das letras machistas en temas de éxito

Barro
05 de decembro 2016

Bernardo Vázquez, líder de The Refrescos, ofrecía este luns unha actuación-recital na Nave de Outeiro de Barro para os estudantes do IES de Barro á que tamén acudiron os escolares da E.S.O. de Meaño

Escolares de Barro e Meaño durante a charla sobre letras sexistas
Escolares de Barro e Meaño durante a charla sobre letras sexistas / Concello de Barro

Bernardo Vázquez, o cantante do grupo The Refrescos, que se fixo popular polo seu éxito 'Aquí no hay playa', ofrecía este luns unha actuación-recital na Nave de Outeiro de Barro para os estudantes do IES de Barro ao que tamén acudiron os escolares da ESO de Meaño.

Nesta actuación, o músico introducía vídeos, imaxes e cancións interpretadas en directo mentres realizaba un percorrido por cancións moi coñecidas, tanto de antes como actuais, mostrando a forte carga sexista que se segue arrastrando nas letras e víceos musicais, ademais de en os distintos tipos de contidos audiovisuais que a sociedade consome diariamente.

A finalidade desta actuación foi concienciar aos máis novos destes mensaxes sexistas que se transmiten a través da música, da televisión e, en xeral, dos medios de comunicación.

Con esta proposta búscase que os máis novos perciban a necesidade de que se rexeiten estas condutas machistas e búsquese a igualdade plena entre as mulleres e os homes.