O CEIP da Laxe pon a proba a súa reacción ante as emerxencias

Marín
03 de decembro 2021

Medir a capacidade de reacción de toda a comunidade escolar coa fin de afrontar da mellor maneira posible unha situación de emerxencia. Esa foi a proba que se fixo este venres no CEIP da Laxe de Marín. Para este simulacro ninguén estaba avisado, co obxectivo de poñer a proba a todo o centro

Simulacro de emerxencia no CEIP da Laxe
Simulacro de emerxencia no CEIP da Laxe / CEIP da Laxe

Medir a capacidade de reacción de toda a comunidade escolar coa fin de afrontar da mellor maneira posible unha situación de emerxencia. Esa foi a proba que se fixo este venres no CEIP da Laxe de Marín.

Para este simulacro ninguén estaba avisado, co obxectivo de poñer a proba a todo o centro.

O profesorado, que xa fora formado para saber como actuar nestas situacións, guiou e acompañou ao alumnado nesta evacuación.

Así, houbo mestres escoba, encargados de supervisar a evacuación total das aulas, mentres todo o alumnado, sempre acompañados dun docente, ía abandonando o centro e saíndo ao patio exterior.

Neste simulacro, que se realizou a primeira hora da mañá, participaron efectivos dos servizos de emerxencia para que todo fora o máis real posible.