O CEIP de Carballedo homenaxea o escritor e historiador Antón Fraguas

Cerdedo Cotobade
14 de maio 2018

O Concello achega o vixésimo aniversario de Antonio Fraguas aos colexios coa entrega de unidades didácticas, que se destinarán a todos os escolares de terceiro a sexto de Primaria do municipio

Acto de homenaxe a Antonio Fraguas Concello de Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade foi o encargado de repartir as unidades didácticas que se ofrecen con motivo da homenaxe ao escritor, historiador e etnógrafo de Cotobade, Antonio Fraguas, cando se cumpren 20 anos do seu falecemento.

O acto desenvolvíase no CEIP de Carballedo no que participaba o presidente municipal, Jorge Cubela, o secretario  xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a vicepresidenta da Fundación Fraguas, Concepción Losada. 

As unidades didácticas repartíanse entre os escolares de terceiro a sexto de Educación Primaria. Esta actividade enmárcase na programación iniciada fai tres semanas no Museo  do  Pobo  Galego. Tamén se repartiu un díptico informativo cunha tirada de 1.500 exemplares.

Co acto escolar conclúe a fase inicial da campaña de homenaxe a Fraguas, que continuará ata novembro de 2019, unha vez que finalicen os meses de verán.