O centro de atención a persoas con Alzheimer da Finca de Briz ten seis prazas dispoñibles

Marín
19 de xaneiro 2021

O servizo prestado por  Anfapo en dependencias marinenses recuperou a atención presencial despois do confinamento e asiste xa a 14 pacientes

Centro de tratamento de Alzheimer na Finca de Briz, en Marín
Centro de tratamento de Alzheimer na Finca de Briz, en Marín / Concello de Marín

O Concello de Marín, no seu compromiso na atención aos maiores durante a pandemia, ten en funcionamento un centro terapéutico para as persoas con Alzheimer na Finca de Briz que xestiona a asociación Afapo. 

Despois do parón polo confinamento de marzo, o centro puido recuperar a súa actividade cumprindo con todas as medidas de prevención. Agora o centro pon en marcha un novo curso con 14 usuarios rexistrados pero conta aínda con 6 prazas dispoñibles. 

Desde o goberno local informan que aquelas familias que teñan interese en beneficiarse deste servizo gratuíto poden poñerse en contacto con Anfapo (986 16 04 42 ó 986 84 21 41). Antes de adxudicar a vacante, os profesionais da entidade realizarán unha valoración do paciente para coñecer o nivel de progresión da enfermidade da persoa para poder prestar un asesoramento personalizado.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora