O Concello de Cuntis abre o prazo para inscribirse en dous cursos no centro de formación da Ran relacionados coa atención sociosanitaría a persoas dependentes e institucións sociais e con actividades auxiliares en conservación e mellora dos montes.
As persoas interesadas poden achegarse ata o centro de formación da Ran ou poñerse en contacto por teléfono. Estas actividades formativas impartiranse de forma presencial no centro de formación ocupacional do polígono cuntiense.
Desde o goberno local ven nestas iniciativas unha oportunidade para que os veciños do municipio poidan mellorar a súa inserción laboral. Neste sentido, o alcalde Manuel Campos manifesta que a xestión destas axudas demostran o interese do grupo de goberno por manter un servizo esencial para os veciños e unha "aposta pola formación e o traballo continuo".