O centro de saúde da Parda conta dende este xoves con indicadores adaptados para mellorar a accesibilidade á información dos pacientes con trastorno do espectro autista ou trastorno da comunicación.
Nesta iniciativa colaborou o colectivo Por Dereito (Asociación para a Integración das Persoas con Autismo), que levou a cabo a colocación dos sinais adaptados á linguaxe pictográfica no centro sanitario pontevedrés.
Logo do centro de especialidades de Mollabao, o da Parda é o primeiro centro de saúde pontevedrés que adapta a súa sinalización á linguaxe pictográfica.
Esta iniciativa, que deu comezo no Hospital Provincial, o primeiro centro hospitalario que acolleu un proxecto destas características en Galicia, e continuou no Hospital do Salnés, pretende a sinalización de espazos mediante un sistema de comunicación alternativo e aumentativo baseado en pictogramas.