O centro urbano de Vilagarcía péchase para acoller o desfile de entroido

O Salnés
27 de febreiro 2017

Dende o Concello piden a colaboración cidadá para retirar os vehículos estacionados na ruta do desfile, que partira desde Alexandre Bóveda e acabará na Peixería

Praza de Galicia en Vilagarcía
Praza de Galicia en Vilagarcía /

Pese ao mal tempo, o desfile de entroido de Vilagarcía de Arousa celebrarase este martes 28 de febreiro. O evento, que empezará ás 17:00 horas na rúa Alexandre Bóveda e a praza Doutor Carús, obrigará a pechar o tráfico polo centro da cidade.

A choiva que acompaña ao entroido deste ano fixo que Cultura planteárase o traslado do desfile á fin de semana. Finalmente, debido a que a previsión meteorolóxica é similar para o sábado que ven e a que se prevé que a choiva descanse a medida que avance a tarde, o Concello decidiu celebralo o Martes de Entroido como é tradición.

O desfile, tras a súa saída pasará polas rúas Alejandro Cerecedo, Doutor Tourón, Praza de España, Edelmiro Trillo e Praza da Independencia. Unha vez alí, bordeará o xardín da praza para seguir por Padre Feijó, Praza de Galicia e Conde Vallellano. A súa última parada será A Peixería, onde volverá ao seu punto de partida. Dende o Concello pídese colaboración aos cidadáns para que retiren con antelación os vehículos estacionados na zona do itinerario.

Pero a festa non termina aí. Unha vez acabado o desfile e tras o Baile de Entroido na Peixería, daranse a coñecer os gañadores do concurso de disfraces nas súas distintas modalidades. De todos os participantes, só 24 serán os gañadores nun concurso onde se repartirán 4.125 euros en premios.