Co inicio da primavera chega tamén a convocatoria dun concurso que se consolida cos anos, o certame de espantallos que organiza a asociación veciñal O Chedeiro de Cerponzóns.
Esta terceira edición mantén a idea das anteriores que se saldaron con éxito de participación. A idea desde este colectivo veciñal é que se recupere a tradicional figura do maniquí situado nas leiras para evitar a presenza de paxaros que danen os cultivos.
Os participantes deberán utilizar material reciclado como roupa usada, papel, discos compactos, botellas de plástico, latas, flores, arames e mesmo máscaras sanitarias para elaborar este elemento con forma humana. Os espantallos deberán confeccionarse entre os meses de abril e maio.
Nos primeiros días do mes de xuño, a asociación notificará os gañadores deste orixinal concurso.
A participación está aberta a todas as persoas residentes na parroquia pontevedresa de Cerponzóns. O xurado premiará ás figuras máis orixinais.