O CITA pecha para acometer os traballos de conservación

Pontevedra
12 de xaneiro 2015

O peche será entre este mércores 14 de xaneiro e o 17 de febrerio co obxectivo de levar a cabo obras de conservación deste centro de restos arqueolóxicos

Centro de interpretación das Torres Arcebispais (CITA)
Centro de interpretación das Torres Arcebispais (CITA)

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) pechará as súas portas a partir deste mércores 14 de xaneiro para que se acometan os traballos de mantemento e de conservación dos restos arqueolóxicos.

Trátase dunhas obras que se realizan durante todos os anos. O peche está previsto ata o 17 de febreiro, durante o período en que se produce unha menor afluencia de visitantes a este centro.

Durante este período haberá tres excepcións nas visitas porque xa están concertadas cos centros de ensino. As visitas están previstas durante os días 28 de xaneiro, 4 e 12 de febreiro.