Tal e como anunciou o centro a final da pasada semana, o Colexio Calasancio retomou este luns 21 de setembro a actividade despois do peche completo das súas instalacións por un brote de coronavirus.
A volta á aulas desenvolveuse "con total normalidad", confirma o delegado en Pontevedra da Consellería de Educación, César Pérez Ares.
En concreto este luns incorporáronse 72 alumnos de Primeiro e Segundo curso de Primaria, xa que as clases retomaranse progresivamente ao longo dos próximos días ata completar todos os cursos que oferta o centro.
O Colexio Calasancio foi o primeiro de Galicia en ter que pechar debido a un brote de Covid que afectou neste caso a profesorado e persoal non docente.
"En algún caso tenemos que reconocer que hubo una serie de faltas justificsadas dado que todavía algunas familias se encuentran en cuarentena", explicou Pérez Ares sobre a reapertura, pero "lo que destacaría es que poco a poco volverá a la normalidad una vez se vayan incorporando el resto de docentes y de personal".
Na primeira xornada de actividade o Calasancio contou coa presenza de 13 docentes.