O Colexio de Médicos abrirá expedientes aos facultativos que nas redes sociais instan a levar a contraria ás autoridades sanitarias

Pontevedra
21 de marzo 2020

Desde o Colexio de Médicos de Pontevedra instan á poboación a que sigan estritamente as medidas establecidas e amosa o seu apoio a cada unha das normas sanitarias ditadas polas autoridades competentes para tratar de solventar esta situación de "extrema gravidade"

Estetoscopio
Estetoscopio / Adoarble Dude

O Colexio de Médicos de Pontevedra alerta aos seus colexiados e á cidadanía en xeral que está en vías de tramitar expedientes disciplinarios a todos aqueles colexiados que, desde o inicio da crise sanitaria derivada da expansión do coronavirus, están a instar á poboación para desatender ás autoridades sanitarias.

Desde o Colexio sinalan que estas mensaxes están a lanzarse a través de medios como WhatsApp ou de diferentes redes sociais. A Xunta Directiva do Colexio Oficial de Médicos apoia todas e cada unha das normas sanitarias ditadas polas autoridades competentes para tratar de liquidar esta situación de extrema gravidade.

Por este motivo, instan á poboación a que siga estritamente a totalidade das medidas establecidas para evitar o contaxio do virus

Desde o Colexio tamén se agradece e apoian o persoal médico e sanitario polo labor que se está desenvolvendo durante estes días nos diferentes centros sanitarios.