O colexio Sagrado Corazón de Praceres acolle o encontro europeo de directores de centros educativos da súa rede

Pontevedra
02 de outubro 2017

Asistirán 75 directores de toda Europa e tres representantes convidados de Estados Unidos e Exipto. Ademais do seu traballo específico aproveitarán para coñecer a cidade, o entorno das Rías Baixas e Santiago de Compostela

Colexio Sagrado Corazón de Os Praceres
Colexio Sagrado Corazón de Os Praceres / Mónica Patxot

O colexio Sagrado Corazón de Praceres acollerá, do 5 ao 8 de outubro, o encontro europeo de directores de centros educativos da súa rede.

O anterior encontro tivo lugar en Dublín no ano 2013 e este ano tócalle a España. O equipo directivo do centro está a organizar as actividades e o traballo destas catro intensas xornadas.

Asistirán 75 directores de toda Europa e tres representantes convidados de Estados Unidos e Exipto. Ademais do seu traballo específico aproveitarán para coñecer a cidade, o entorno das Rías Baixas e Santiago de Compostela.

Dende o ano 1918, e tras una cesión de Avelino Montero Ríos, os mestres levan a cabo a súa labor docente nun centro que actualmente ten preto de 700 alumnos e que está volcado coa innovación educativa.

Co gallo da celebración do centenario ofertaranse visitas guiadas ao centro para que o público en xeral poda coñecer este edificio singular.