O comité de empresa da factoría de Ence chamará aos traballadores para mobilizarse en defensa da continuidade da fábrica de Lourizán nas dúas asembleas previstas para este venres, unha por cada quenda.
As asembleas sucédense despois de que este mércores, o conselleiro delegado de Ence, Ignacio de Colmenares, se reunise en Pontevedra coa dirección da fábrica para explicarlles algúns detalles da estratexia que seguirá a compañía ante este novo escenario.
Ao día seguinte, o xoves, a dirección transmitiu esta mensaxe ao comité de empresa e agora chega o momento no que sexa informado o persoal da planta.
O vindeiro luns comeza a parada técnica anual que reunirá a numerosas de empresas auxiliares.