O Concello acelera con Costas os trámites para desafectar os estacionamentos do pavillón

Pontevedra
25 de febreiro 2019

As dúas parcelas situadas entre o río Lérez e o pavillón municipal, actualmente destinadas a estacionamento disuasorio, camiñan cara a súa desafectación. O Concello acelerou os trámites diante de Costas para que estes terreos, que actualmente son de dominio marítimo terrestre, pasen a ser de xestión municipal

Obras no estacionamiento disausorio fronte ao Pavillón de Deportes
Obras no estacionamiento disausorio fronte ao Pavillón de Deportes / Mónica Patxot

As dúas parcelas situadas entre o río Lérez e o pavillón municipal, actualmente destinadas a estacionamento disuasorio, camiñan cara a súa desafectación.

O Concello acelerou os trámites diante de Costas para que estes terreos, que actualmente son de dominio marítimo terrestre, pasen a ser de xestión municipal.

A Xunta de Goberno tomou coñecemento de que as dúas parcelas situadas na rúa Xoán Manuel Pintos non se atopan inscritas no Rexistro da Propiedade e comprométese a manter o uso actual. Este escrito será remitido a Costas para avanzar na tramitación do expediente.

Esta declaración parte de conversas previas entre o Concello de Pontevedra e Costas. Os trámites céntranse nestas dúas parcelas por ser un expediente máis sinxelo de tramitar que o do resto de terreos da Xunqueira nos que hai outras administracións ou entidades implicadas. 

O resto de parcelas incluídas dentro do expediente irán polas canles normais.