O Concello acondiciona o camiño do barrio da Sorreira

Ponte Caldelas
07 de xaneiro 2019

Os tramos co firme máis deteriorado reciben unha nova capa de formigón

Camiño do barrio da Sorreira
Camiño do barrio da Sorreira / Concello de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas comeza o ano coa mesma tónica de todo o mandato e estes días reparou o camiño principal do barrio da Sorreira.

A actuación, que responde a unha petición veciñal, dá resposta aos problemas que presentaba a vía. As zonas máis deterioradas foron acondicionadas cunha nova capa de formigón.

A actuación, que beneficia a unha ducia de casas aproximadamente, era moi necesaria diante das características deste camiño, que presenta unha forte pendente e ademais é moi estreito e acolle moitas construcións apegadas ás súas beiras.

Para garantir o bo agarre dos vehículos optouse por pavimento de formigón e, ademais, raiado, pois o asfalto non proporcionaría unhas prestacións axeitadas, especialmente nas épocas do ano con risco de xeada.

O Goberno local (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) acometeu esta actuación dando resposta ás inquedanzas da veciñanza e tamén atendendo a un criterio de repartir as obras do rural entre todos os barrios e parroquias.