O Concello asegura ás praceiras o acceso ao Mercado de Abastos durante a celebración do Tríatlon

Pontevedra
08 de abril 2019

Debido aos incidentes ocorridos no Campionato de España de Longa Distancia do ano pasado que dificultaron a xornada laboral dos traballadores do Mercado de Abastos, o Goberno local quixo transmitirlle ás praceiras as súas intencións de interferir o mínimo posible na súa labor e o compromiso de asegurar o acceso ao mercado, que pasa xusto polo centro do circuito, durante a celebración do Tríatlon do 27 de abril ao 5 de maio.

Xuntanza de representantes do Concello coas praceiras con motivo da celebración dos Mundiais de Tríatlon Nacho Fuentes

Debido aos incidentes ocorridos no Campionato de España de Longa Distancia do ano pasado que dificultaron a xornada laboral dos traballadores do Mercado de Abastos, o Goberno local quixo transmitirlle ás praceiras as súas intencións de interferir o mínimo posible na súa labor e o compromiso de asegurar o acceso ao mercado, que pasa xusto polo centro do circuito, durante a celebración do Tríatlon do 27 de abril ao 5 de maio.

As concelleiras Anxos Riveiro e Anabel Gulías, xunto ao portavoz da Policía Local, Manuel Omil, reuníronse este luns na Casa Azul coas traballadoras para explicarlles o desenvolvemento do proceso, facilitarlles planos das carreiras e coñecer as posibles confrontacións que pode xerar o campionato no seu quefacer.

En primeiro termo, as concelleiras quixeron aclarar que, neste caso, o acceso á praza estará garantido para propietarios, vendedores e clientes e que haberá na zona persoal encargado de facilitar a circulación e limitar o acceso para que a zona non quede conxestionada durante o desenvolvemento das diferentes probas. 

Advertiron que os dous días en que a celebración do evento pode interferir en maior medida co desempeño do mercado son o 27 de abril e o 4 de maio, coincidindo ambos en sábado. Malia as enormes cantidades de xente previstas para ambos días, o funcionamento do mercado estará asegurado. Para elo, colocaranse cartaces indicativos nas zonas cortadas para facilitar a chegada aos clientes e entregaráselles aos mercadeiros planos con indicacións para colocar nos seus postos e advertir os compradores con polo menos unha semana de antelación.

En canto ao tráfico, Manuel Omil explicou as correccións que realizaron este ano a fin de minimizar o impacto negativo do evento. Por exemplo, no caso das bicicletas, o percorrido anterior chegaba á glorieta da Ponte das Correntes, sendo a Ponte da Barca a única saída para os habitantes de Poio e arredores, mentres que este ano ámbalas quedarían liberadas