O Concello convoca unha asemblea telemática para explicar aos veciños a reforma urbana da Santiña

Pontevedra
05 de febreiro 2021

Os interesados en recibir as explicacións do concelleiro de Obras Urbanas, Demetrio Gómez, e achegar ideas ao proxecto deben inscribirse antes do día 9 a través do correo electrónico [email protected]

Asfaltado da Rúa Santiña
Asfaltado da Rúa Santiña / Concello de Pontevedra - Arquivo

A concellería de Obras Urbanas, que dirixe Demetrio Gómez, avanza no proceso de participación veciñal para dar a coñecer aos veciños os principais aspectos da intervención prevista polo Concello na rúa Santiña. Dada a actual situación sanitaria, a asemblea realizarase o 11 de febero ás 20 horas de forma telemática.

Os interesados deben inscribirse antes do martes ás 22 horase a través do correo [email protected] indicando o seu nome e correo electrónico.

O proxecto de reforma urbana desta rúa redactouse tendo en cuenta as necesidades destacadas na última asemblea veciñal. O obxectivo deste novo encontro é poñer en común o proxecto coa cidadanía e incorporar as achegas ao proxecto de execución. 

Cun orzamento de 1,8 millóns de euros, a rehabilitación servirá para dotar á rúa dunha plataforma única con pavimento continuado para unificar a intervención. Tamén está previsto implantar zonas arborizadas organizadas en función dos diferentes tramos da rúa. Contémplanse ademais varias áreas de estancia ao longo do percorrido e a conservación da fonte.

Do mesmo xeito que en todas as rehabilitacións integrais que se realizan en Pontevedra, tamén se acometerá a renovación dos servizos de saneamento, augas ou soterramento do servizo de electricidade, gas e telecomunicacións.