O Concello de Caldas comezou a repartición das pantallas doadas por Galicia-EscudoCovid2019

Umia
27 de abril 2020

Persoal do Concello, Centro de Saúde e da Praza de Abastos foron os primeiros receptores aos que seguirán outros comercios e establecementos que seguen exercendo a súa actividade

Pantallas de protección facial doadas por Galicia-EscudoCovid2019
Pantallas de protección facial doadas por Galicia-EscudoCovid2019

As 450 pantallas de protección facial que a iniciativa Galicia- EscudoCovid2019 doou ao Concello de Caldas, empezaron este luns para chegar aos seus destinatarios. Estes son persoal municipal, persoal do Centro de Saúde e tamén entre os vendedores da Praza de Abastos. Ao longo da semana continuará a repartición entre panaderías e outros comercios e establecementos para os que estes elementos de protección son importantes.

A iniciativa Galicia- EscudoCovid2019 está coordinada pola Universidade de Vigo e a Asociación de Industriais Metalúrxicos, Asime, fabrican e distribúen pantallas de protección facial para centros sanitarios, Corpos e Forzas de Seguridade, ademais doutros colectivos profesionais en activo durante a pandemia.

O tenente de alcalde de Caldas, Manuel González agradecía á plataforma, Universidade e Asime esta doazón e felicitaba a iniciativa por ser "moi importante para seguir dotando aos traballadores máis expostos dos medios de protección adecuados e por tanto seguir previndo contagios".