O Concello de Cerdedo-Cotobade reafirma o seu compromiso coa astronomía

Cerdedo Cotobade
31 de xaneiro 2023

O alcalde Jorge Cubela reuniuse coa secretaria da Asociación Sirio, Diana Couselo, á que lle prometeu apoio municipal ás actividades que organiza a asociación no observatorio do Monte Coirego

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, reúnese coa secretaria da asociación Sirio, Carmen Couselo Concello de Cerdedo-Cotobade

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, mantivo unha xuntanza de traballo este martes coa secretaria da Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, Diana Couselo, para explicarlle as liñas xerais do orzamento municipal recentemente aprobado pola corporación municipal e no que se inclúe un apartado adicado ao apoio das actividades que desenvolve esta entidade para promocionar o Observatorio do Monte Coirego.

Segundo manifestou Jorge Cubela, “o noso desexo, como grupo de goberno do Concello de Cerdedo-Cotobade, é renovar o noso compromiso de seguir colaborando coa Asociación Astronómica Sirio para continuar potenciando o Observatorio do Monte Coirego como un deses lugares máxicos e únicos desde onde podemos observar as estrelas e aprender moitas cousas sobre o firmamento”.

Esta asociación seguirá contando coa colaboración económica do Concello para que continúen coas súas actividades de divulgación sobre o coñecemento astronómico desde o monte Coirego. “Todos os anos son centos e centos de persoas os que se achegan ata este Observatorio para contemplar a Vía Láctea. Desde Cerdedo-Cotobade temos a vista posta no Universo sen perder nunca a perspectiva e cos pés no chan”, indicou Cubela.