O Concello de Cerdedo-Cotobade está a prepararse para realizar una serie de "obras históricas" para o municipio que comezarán a ser executadas "despois de Semana Santa por un importe superior aos 6 millóns de euros".
Segundo manifestou o alcalde, Jorge Cubela, estes investimentos "veñen a poñer de manifesto a capacidade de xestión do equipo de goberno que vai conseguir que neste primeiro trimestre do ano comencen estas obras".
As actuacións previstas comezan coa mellora do último tramo da estrada provincial entre Bugarín e Fondós, en Quireza, dotada dun orzamento de 500.000 euros e que xa están iniciadas. Despois de Semana Santa comezará a ser unha realidade a construción da Residencia de Maiores e Centro de Día de Carballedo, coa apertura do centro de traballo. Esta obra acadará un cuantioso investimento que supera os 4 millóns de euros.
Despois das festas tamén iniciarase a mellora da estrada provincial de Almofrei, cun millón de euros de orzamento e que conta xa co replanteo xa feito; a humanización do tramo que vai desde o núcleo dos Castros ata a igrexa de Quireza onde se destinarán uns 300.000 euros e que se atopa xa en fase de adxudicación; e as obras na pista polideportiva exterior da zona escolar de Tenorio onde o Concello ten previsto que se invistan uns 75.000 euros.
A maiores destas obras, o Concello acometerá, coa subvención do Plan Marco da Xunta de Galicia, a pavimentación dun vial no lugar da Atalaia e o camiño que une Parada e Viascón, que conta cun orzamento duns 100.000 euros.
Por outra banda, Cubela centra este mes de marzo en rematar a redacción do documento de orzamento de 2024, que valerá para continuar preiorizando os investimentos en materia turística, o apoio ao tecido asociativo e a mellora dos servicios de competencia municipal.