O Concello de Cuntis e Cucova asinan un convenio para reactivar o comercio local

Umia
22 de maio 2021

Trátase dunha axuda de 12.000 euros coa que buscarán, a través de diferentes campañas e accións, reactivar o fluxo de demanda no comercio local  

Cuntis
Cuntis / Concello de Cuntis

O Concello de Cuntis e o Comercial Vila Aberta veñen de firmar un convenio de colaboración para reactivar o comercio na vila.

Trátase dunha axuda de 12.000 euros coa que buscarán, a través de diferentes campañas e accións, reactivar o fluxo de demanda no comercio local.

A presidenta de Cucova, Rebeca Rey, destacou que se trata dunha iniciativa para "incentivar o consumo local" e axudará a paliar os efectos da pandemia.

Pola súa banda, o alcalde Manuel Campos afirmou que o pequeno comercio é "un dos sectores máis afectados pola situación sanitaria da covid-19 e pretendemos incentivar a súa actividade".