O Concello de Cuntis prepara un operativo de mantemento no parque infantil da Praza da Constitución no que a brigada municipal acometerá traballos de limpeza, renovación do chan, pintado, sustitución da tornillería en mal estado e limpeza en xeral de toda a contorna.
Manuel Campos, alcalde de Cuntis, confirmou que os materiais necesarios para acometer estes traballos xa foron adquiridos e que os traballadores municipais están á espera de que as condicións climáticas sexan favorables para iniciar as tarefas.
O Concello de Cuntis programa de xeito periódico operativos de mantemento nos parques infantís para garantir as mellores condicións de uso e, sobre todo, de seguridade para os nenos e nenas, de aí que se revise tamén o estado dos elementos de xogo. “Por sorte temos un alto porcentaxe de poboación infantil que utiliza habitualmente estes espazos de esparcemento polo que é a nosa responsabilidade velar porque sexan seguros e amigables”, sostén o rexedor.
Neste sentido Manuel Campos apunta tamén a que o Concello esperou a esta época do ano, co curso escolar iniciado e no que os días son máis cortos, para a execución destes traballos xa que así “non interferimos nos momentos do ano en que os nenos e nenas máis poden gozar do exterior e dos parques deseñados para eles”.