O Concello de Marín adxudica a obra para renovar pavimentación e sinalización horizontal na urbanización Virxe do Carmen

Marín
01 de agosto 2024

O proxecto inclúe tamén a renovación da sinalización horizontal que non supoñerá cambios para peóns e vehículos

Viais correspondentes á urbanización Virxe do Carmen en Marín
Viais correspondentes á urbanización Virxe do Carmen en Marín

O Concello de Marín acaba de adxudicar a obra para renovar a pavimentación nos viais de titularidade municipal correspondentes á urbanización Virxe do Carmen. En total son dez viarios paralelos á rúa Jaime Janer e Francisco Landín Pazos, que presentan un deteriorado aspecto.

Ao mesmo tempo que se realiza esta remodelación do pavimento tamén se aproveitará para repoñer a sinalización horizontal. Farase mantendo os mesmos sentidos do tráfico rodado, os pasos de peóns e zonas de estacionamento que hai actualmente.

O montante económico deste proxecto achégase aos 173.000 euros que se financiarán con fondos do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.