O Concello de Marín convoca a veciños e comerciantes para expoñerlles a remodelación da Rúa da Ponte

Marín
07 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Trátase dun proxecto de humanización que impulsa a Xunta e que se executará nos próximos meses

Rúa da Ponte no Concello de Marín
Rúa da Ponte no Concello de Marín / Concello de Marín

O Concello de Marín convoca para o vindeiro luns 11 de marzo a veciños e comerciantes da Rúa da Ponte para expoñerlles o proxecto de humanización que impulsa a Xunta e que se executará nos próximos meses. 

Previamente a esta reunión, o Concello xa mantivo outro encontro coa Asociación de Comerciantes Estrela de Marín do que se extraeron propostas como habilitar a Zona 2H na Rúa Exército e Mariña e no aparcamento público gratuíto de Ponte Zapal.

Na convocatoria prevista para a próxima semana quérese escoitar tamén aos veciños que se verán afectados e ao mesmo tempo explicarlles de forma máis pormenorizada a remodelación que se contempla tanto en accesibilidade como en remodelación de beirarrúas e calzada. A reunión será no Museo Manuel Torres a partir das 20.30 horas.