O Concello de Marín convoca unha recollida solidaria de alimentos entre os centros educativos do municipio

Marín
09 de decembro 2020

A Semana da Solidariedade comezará o luns 14 de decembro e está dirixida aos centros educativos de Marín co fin de axudar a familias desfavorecidas para Nadal

O 14 de decembro comezará a Semana da Solidariedade en Marín
O 14 de decembro comezará a Semana da Solidariedade en Marín / Concello de Marín

A partir do próximo luns 14 de decembro o Concello de Marín inicia a Semana da Solidariedade, que prolongará ata o domingo 18. Trátase dunha proposta solidaria que esta administración local adoita convocar por estas datas co obxectivo de colaborar coas persoas desfavorecidas para que poidan gozar tamén do Nadal.

Así, organizou unha recollida de alimentos entre os centros educativos de Marín, de forma que os alumnos poidan levar produtos de alimentación non perecedoiros, produtos típicos do Nadal ou tamén produtos de hixiene persoal e de limpeza.

Para cumprir cos requisitos que require a pandemia, unha persoa do persoal do Concello será quen recollerá todas as doazóns que se soliciten en cada centro. Posteriormente farase unha repartición equitativa entre as seis organizacións altruístas que traballan en Marín: o comedor benéfico, Cáritas, Cáritas Santomé, Axuda en Acción, Sor Elvira, Amenac e SOS.

Desde o Concello de Marín lémbrase que esta recollida é voluntaria e agradece de antemán a equipos directivos, alumnos e familias as súas desinteresadas colaboracións.