O Concello de Marín financiará con 38.650 euros por curso a escola infantil de Seixo

Marín
18 de xaneiro 2017

Actualmente na escola infantil de Seixo están matriculados 40 menores, polo que só hai disponibles tres prazas reservadas para emerxencia social. Destes 40, 31 comen no centro e catro de eles merendan, tendo 4 casos de intolerancias alimentarias en estudo

Escola Infantil de Seixo
Escola Infantil de Seixo

A corporación municipal de Marín debaterá en pleno o convenio coa escola infantil de Seixo para asumir gastos de mantemento, despois de ser tratado na comisión informativa de Medio ambiente e Benestar Social.

A escola púxose en marcha cando en febreiro de 2014, o Consorcio e o Concello de Marín asinaron un acordo para a súa construción e quedaba pendente un convenio para atender os gastos de funcionamento do centro. 

O convenio que se quere aprobar no próximo pleno propón dar continuidade ao servizo que xa se prestou baixo a fórmula do convenio na escola infantil de San Pedro.

O custo medio por praza e ano é de 4.500 euros e a achega municipal é de 1.500 euros, unha terceira parte do total. O Concello asumirá o custo medio dos gastos de mantemento fixados en 600 euros por praza e ano, a achega sería de 900 euros e o importe global estimado de custo da gardería para as 41 prazas que se ofertan alcanzaría os 36.900 euros aos que habería que sumar os gastos de alarma, teléfono e reparacións, ascendendo a un custo anual de 38.650 euros, segundo apunta o goberno municipal de Marín liderado por María Ramallo.

Actualmente na escola infantil de Seixo atópanse matriculados 40 menores e só hai tres prazas dispoñibles para casos de emerxencia social. 31 menores comen no centro e 4 deles meriendan, tendo 4 casos de intolerancias alimentarias en estudo.