O Concello de Marín inicia o proceso para incorporar a administración electrónica

Marín
18 de febreiro 2020

O goberno local acaba de aprobar o prego de condicións para licitar a contratación do sistema informático por un importe total de 337.635 euros

Casa consistorial do Concello de Marín
Casa consistorial do Concello de Marín / Concello de Marín

O desenvolvemento dunha plataforma informática para a administración local é un dos obxectivos do Concello de Marín e para cuxo desenvolvo conta con fondos europeos. Nas liñas estratéxicas de Marín para o ano 2020 está incluída a informatización dos trámites burocráticos diarios que se realizan nas oficinas municipais para que poidan ser máis efectivos e permitan reducir o uso de papel.

O prego de condicións para sacar a concurso a implantación da plataforma de administración dixital acaba de ser aprobado en Xunta de Goberno. O paquete está dividido en tres lotes. O primeiro recolle a implantación e posta en funcionamento dun sistema de xestión de expedientes que permita tramitar documentos. O segundo, será destinado á adquisición do equipamento informático necesario para o desenvolvemento deste sistema electrónico. E o terceiro inclúe a dotación de servidores, almanecamiento e copias de seguridade para a xestión interna do Concello e que se utilizará de maneira complementaria á tramitación electrónica.

O importe total da licitación do contrato é de 337.635 euros.