O Concello de Poio asume a desinfección dos centros de saúde do municipio

Poio
16 de setembro 2020

O goberno local é consciente de que se trata dunha competencia da Xunta pero prioriza a seguridade e benestar de profesionais e pacientes ao mesmo tempo que anuncia a reactivación das mobilizacións para mellorar o funcionamento da sanidade no municipio

Centro de Saúde Anafáns
Centro de Saúde Anafáns / Mónica Patxot

O Concello de Poio pon en marcha unha campaña de desinfección dos centros de saúde do municipio que se suman á que xa vén realizando nos espazos públicos. O concelleiro de Sanidade, Xose Luís Martínez, sostén que se trata dunha actuación prioritaria e aínda que sexa competencia da Xunta "estamos dispostos a facelo nós porque a prioridade é garantir o benestar e a seguridade dos profesionais e os pacientes".

Desta forma, o goberno local dá resposta ás peticións realizados desde algúns centros que viñan solicitando internvenciones deste tipo desde hai días.

O nacionalista comprométese a manter a máxima colaboración coas autoridades sanitarias, pero tamén se mostra preocupado pola "grave situación" que atravesa a sanidade en Poio desde antes da pandemia. Por iso, o edil ten previsto reactivar a plataforma pola sanidade de Poio co obxectivo de reverter a situación de colapso na que se atopan os centros de saúde do municipio, nos que faltan medios naturais e humanos.