O Concello de Poio pon en marcha a mellora do Camiño de San Martiño

Poio
19 de agosto 2020

A obra servirá para hormigonar un tramo de cen metros da vía e, ao rematar , seguirán co Camiño da Outeira

Visita dos concelleiros Chelo Besada e Gregorio Agís ao Camiño de San Martiño (arquivo)
Visita dos concelleiros Chelo Besada e Gregorio Agís ao Camiño de San Martiño (arquivo) / Concello de Poio

A Concellería de Obras do Concello de Poio inicia os traballos de mellora do Camiño de San Martiño, na parroquia de San Xoán. Trátase dunha actuacion que serve para completar a dotación de servizos que xa se acometeu o ano anterior coa instalación de redes de saneamento, abastecemento e pluviais.

Agora os traballos centraranse na ampliación deste camiño moi utilizado polos veciños e de só tres metros de ancho. Así mesmo, procederase a hormigonar a superficie. A actuación afectará a un tramo de 100 metros e conta cun orzamento de 3.000 euros.

Ao finalizar esta actuación, o Concello continuará coa do Camiño da Outeira en Fontenla, que dá acceso ao instituto