O Concello de Ponte Caldelas debe indemnizar un veciño por apropiación indebida dun terreo

Ponte Caldelas
07 de outubro 2020

O alcalde, Andrés Díaz, acusa ao anterior goberno local de realizar "manobras ilegais" que obrigan a abonar ao Concello unha contía superior aos 3.600 euros.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, na parcela ocupada polo Concello
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, na parcela ocupada polo Concello / Concello de Ponte Caldelas

O alcalde de Ponte Caldelas culpa ao anterior goberno local dunha reclamación xudicial contra o Concello pola que terá que pagar 3.600 euros. "Cinco anos despois seguen chegando reclamacións xudiciais das manobras ilegais que facía o anterior alcalde" afirman desde o executivo que encabeza Andrés Díaz.

Esta última indemnización débese, explican desde o Concello, a unha apropiación indebida á beira da depuradora na que se botou formigón nun terreo particular sen cesión nin expropiación para dar un segundo acceso á instalación. "Fixérono polas bravas e ao propietario da finca non lle quedou outra que acudir ao Xulgado", critican desde o gabinete de Díaz.

Despois da resolución o Concello chegou a un acordo co denunciante para evitar o litixio "que incrementaría bastante ou custo a pagar e terían que sentar na bancada ao anterior alcalde e ao seu tenente de alcalde, responsables destas obras ilegais", asegura o rexedor socialista, Andrés Díaz.