O Concello de Pontevedra distribuirá de balde o seu calendario a partir do luns

Pontevedra
05 de xaneiro 2019

O tríatlon, e en menor medida o balonmán e a loita, protagonizan o calendario municipal de 2019, que se distribuirá gratuitamente a partires do luns no Concello. Tamén pode descargarse da páxina web municipal

O loro Ravachol tamén é a mascota do mundial Multisport
O loro Ravachol tamén é a mascota do mundial Multisport

O tríatlon, e en menor medida o balonmán e a loita, protagonizan o calendario municipal de 2019, que se distribuirá gratuitamente a partires do luns no Concello. Tamén pode descargarse da páxina web municipal.

A versión do Loro Ravachol, mascota do evento, celebrando con expresividade multicolor o Aninovo ocupa a portada da publicación que como cada ano ofrece 25 fotografías de diversos aspectos da capital.

A celebración do mundial Multisport nos últimos días de abril e primeiros de maio na cidade será un acontecemento que centrará a atención de moitísimas persoas. Ademáis tamén teñen lugar outros campionatos internacionais neste ano, como mundial xuvenil de balonmán —do 3 ao 9 de xuño— e o europeos de loitas olímpicas, entre o 15 e o 28 de xullo.

Javier Gómez Noya e Pablo Dapena aparecen en algunha das fotografías do calendario, que se aproveita para mostrar espazos da cidade e o municipio polas que decorrerán as diferentes carreiras das que se compón a proba, lóxicamente con especial protagonismo ao espazo central das competicións: a ponte dos Tirantes, o CGTD e o centro histórico.

O Pontillón do Castro, as sendas forestais do triatlón cross ou os eventos sociais teñen tamén a súa importancia nunha publicación que ademáis de galego, utiliza os idiomas portugués, español, inglés e francés para nomear os meses.

Como de costume, indica datos da lúa, eclipses e mareas vivas, así como os festivos en Pontevedra.

Da tirada de 20.000 exemplares resérvanse uns 4.500 para cada un dos deportistas que estarán en Pontevedra nos días dos mundiais.