O goberno local de Sanxenxo denunciou ante a Garda Civil a aparición de pintadas con reivindicacións laborais nas fachadas de cinco módulos de praias.
Tachan de "lamentable" que a estas alturas calquera reclamación sindical, por máis lexítima que sexa, implique a deterioración do mobiliario ou bens municipais con actuacións que nunca tiveron xustificación e moito menos agora.
Desde o goberno aseguran que "traballadores e sindicatos teñen dereito de reivindicar o que consideren oportuno, pero non á conta dos veciños de Sanxenxo que son quen ten que pagalo".
Neste caso, os danos destas pintadas cífranse en 29.000 euros xa que o borrado deixa a estrutura afectada e obriga a cambiar o laminado en cada unha delas. Trátase de catro módulos completamente novos en Canelas, Paxariñas e Montalvo e outro en Areas Gordas