O Concello deixa de ingresar máis de 65.000 euros pola redución da taxa de veladores nun 31,5%

Pontevedra
04 de agosto 2020

A concelleira Carme da Silva, que actuou este luns como portavoz municipal, anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobou unha redución da taxa anual de veladores do 31,5%

Nova instalación de veladores na praza da Estrela
Nova instalación de veladores na praza da Estrela / Mónica Patxot

A concelleira Carme da Silva, que actuou este luns como portavoz municipal, anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobou unha redución da taxa anual de veladores do 31,5%.

O calculo foi realizado polos servizos económicos municipais que tiveron en conta o período de parón total da actividade durante o estado de alarma e os posteriores períodos de apertura, primeiro co 50% da ocupación, seguido do 75% e do 80% que operará ata final de ano.

A concelleira asegurou que "é un cálculo moi complexo porque se fai zona por zona, porque non todas as zonas teñen a mesma taxa, teñen coeficientes correctores en función da zona e foi necesario analizar caso por caso". A media resultante destes cálculos responde co 31,5% de rebaixa que será aplicado nos recibos que se pasarán ao cobro entre o 17 de agosto e o 19 de outubro.

Por último, informou que esta redución supón unha rebaixa en termos absolutos de máis de 65.000 euros nos ingresos que o Concello ten en materia de taxas.