O Concello do Grove toma a "difícil decisión" de suspender la Festa do Marisco

O Salnés
28 de agosto 2020

A celebración, que supón un investimento de case o 5% dos orzamentos municipais do Concello, e a recadación realizada serve para cubrir a meirande parte deses gastos, permitindo que esta actividade non supoña unha perda de recursos, "resulta inviable durante o mes de outubro"

Festa do Marisco de O Grove 2019
Festa do Marisco de O Grove 2019 / Diego Torrado

O Concello do Grove mantén unha liña de traballo estable na promoción da localidade, segundo manifesta o goberno local liderado por José Antonio Cacabelos. 

É por iso, que por motivos de responsabilidad sanitaria, o Concello tomou a "difícil decisión" de suspender a Festa do Marisco polo "evidente risco para a saúde que suporía celebrar a Festa".

A celebración, que supón un investimento de case o 5% dos orzamentos municipais do Concello, e a recadación realizada serve para cubrir a meirande parte deses gastos, permitindo que esta actividade non supoña unha perda de recursos, "resulta inviable durante o mes de outubro", por iso o Concello xa está traballando para realizar accións promocionais e tentar manter a presenza de visitantes durante o resto da temporada.

Para ese fin, farán fincapé, na importancia do Grove como destino turístico seguro pero, sobre todo, nas potencialidades naturais e gastronómicas da localidade, que permiten que non sexa tan só un destino de 'sol e praia' senón que conta cunha oferta verdadeiramente rica e diversa. O Concello tamén avaliará dedicar os fondos previstos para esta festa á realización de accións de mellora da oferta turística de carácter permanente.