O Concello e a ONCE asinarán un convenio para urbanizar a parcela do colexio

Pontevedra
10 de maio 2018

O convenio asegura a permanencia da actividade da ONCE en Pontevedra que aumentará a súa presenza na cidade con novas iniciativas de carácter social

Reunión entre representantes do Concello e da ONCE
Reunión entre representantes do Concello e da ONCE / Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra e a ONCE mantiñan este xoves unha reunión político-técnica para pechar as bases do acordo que asinarán en próximas semanas. Xa se emitiron informes favorables dos servizos de Urbanismo e Arquitectura municipais. A idea é levalo á Xunta de Goberno e aprobalo, antes de que se asine o convenio.

Este acordo permitirá crear accesos adecuados na zona administrativa de Campolongo, desde a avenida de Vigo. Con esta proposta conséguese mellorar a comunicación entre San Brais e a avenida de Vigo coa rúa María Victoria Moreno e Campolongo.

Ademais manterase a permanencia da actividade da Organización Nacional de Cegos en Pontevedra, reforzando as súas actividades con novas iniciativas de tipo social.

No novo convenio, o Concello recuperará a parcela da Unidade 18, entre Joaquín Costa e Doce de  Novembro, ao abandonar a ONCE da idea construír nese espazo un novo centro educativo. O Concello poderá destinar estes terreos para usos dotacionais.