O Concello explica aos veciños de Lepanto o proxecto de reforma integral da rúa

Pontevedra
26 de novembro 2018

O concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, recibiu este luns a un grupo de representantes dos veciños da rúa Lepanto para informarlles do estado de tramitación do proxecto e de como se acometerán as obras

Rúa Lepanto
Rúa Lepanto / Mónica Patxot

O concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, recibiu este luns a un grupo de representantes dos veciños da rúa Lepanto para informarlles do estado de tramitación do proxecto e de como se acometerán as obras.

Indicoulles que o proxecto está en fase de licitación e até o vindeiro 3 de decembro poderán entrar ofertas das empresas. Tamén está a estudo a compaxinación das obras de reforma da rúa Benito Corbal coas de Lepanto, de feito os veciños interesáronse por como ían quedar as direccións de tráfico na zona.

O concelleiro tamén lles informou de que está pendente informe da Policía Local sobre a conveniencia ou non de solapar os traballos destas dúas rúas no tempo. A decisión da Policía será clave para marcar o inicio das obras rúa Lepanto.