O Concello extingue a concesión dos quioscos de Cogami

Pontevedra
03 de novembro 2015

A xunta de goberno do Concello de Pontevedra acordou este martes a extinción do convenio coa Rede Galega de Quioscos (Regaki), polo que persoas con discapacidade pertencentes á asociación Cogami xestionaban seis destes locais no municipio

Traballadores dos quioscos de Cogami ante o quiosco de Rosalía de Castro Mónica Patxot

A xunta de goberno do Concello de Pontevedra acordou este martes a extinción do convenio coa Rede Galega de Quioscos (Regaki), polo que persoas con discapacidade pertencentes á asociación Cogami xestionaban seis destes locais no municipio, dos cales dous son propiedade municipal, e o resto propiedade de Cogami.

En concreto, trátase dos quioscos da Ponte de Santiago, Rosalía de Castro, Praza de Galicia, Avenida de Vigo (fronte ao Politécnico), e os da praia fluvial e a Praza de Barcelos, éstes últimos municipais.

Unha vez realizado este acordo, o Concello iniciará o proceso para abrir de novo un concurso de concesión

Segundo explicou o portavoz municipal, Raimundo González, o proceso de liquidación no que está inmerso esta empresa segue a súa marcha.

Agora o Concello sacará de novo a concesión demanial a entidades sen ánimo de lucro, no caso de que houbera solicitudes para facerse con estes quioscos municipais, segundo explicou esta martes o portavoz do Goberno, Raimundo González.

Este mes de novembro cúmprese un ano desde que Cogami anunciou o peche dos quioscos, que en Pontevedra deixou no paro a once empregados. Con todo a primeira nómina chegoulles o día 10 do pasado mes de setembro, aínda que esta só incluía a cantidade proporcional ao últimos cinco ou seis días, e non foi ata a paga de outubro cando lles chegou un mes completo.