O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asegurou que o Concello de Pontevedra mantén a súa intención de comprar as vellas instalacións de Construcións Malvar en Mollavao co fin de crear un gran parque.
Este proxecto foi anunciado en marzo de 2015, pero unha serie de "problemas administrativos" frustraron a operación para que o Concello dispuxese de 14.300 euros de terreo situado entre a autovía de Marín, o ramal ao Porto e a estrada vella.
Os técnicos municipais tratan de desbloquear a compra co banco propietario do solar de 5.000 metros cadrados. A operación encallou debido ás dificultades xurdidas para demostrar a súa titularidade no Rexistro da Propiedade e no Catastro onde non consta documentalmente o deslinde entre a parcela pública e a privada, o que impediu formalizar a compravenda.
A solución pasa agora por negociar co Catastro unha fórmula para inscribir os terreos que no seu día formaron parte da concesión que Costas outorgou a Malvar en 1942.
Pero tamén hai outro problema, neste caso derivado da lentitude de Costas para ceder outra parte da antiga concesión marítimo-terrestre, uns 9.000 metros cadrados.
"A nosa intención é chegar a acordos", reiterou o alcalde de Pontevedra "están a traballar nese sentido".