O Concello mellorará o vial de acceso ó cemiterio municipal de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
17 de marzo 2022

O vial recibirá unha capa de asfalto de 5 centímetros de grosor, previa excavación en oito tramos

O Concello mellorará o vial de acceso ó cemiterio municipal de Ponte Caldelas
O Concello mellorará o vial de acceso ó cemiterio municipal de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas mellorará nas vindeiras semanas o vial de acceso ó cemiterio municipal. 

Está proxectada unha actuación integral sobre a estrada de titularidade municipal que contempla a excavación do terreo en oito puntos concretos do vial e o posterior asfaltado aplicando unha capa de 5 centímetros de grosor.

O Concello ten previsto para este 2022 un total de 51 actuacións no rural que suporán un investimento de 1,2 millóns de euros, un "investimento histórico para o rural do noso municipio", indica o alcalde, Andrés Díaz.

O Goberno local calcula que 48 dos 51 camiños poderán executarse nos meses de verán, entre os que se atopa este vial de acceso ó cemiterio municipal.