O Concello pedirá á Xunta que tome medidas para obrigar a ENCE a reducir o consumo de auga ante a seca

Pontevedra
13 de outubro 2017

O goberno local de Pontevedra declárase "perplexo" coas fluctuaciones que está a sufrir o nivel de auga do río Lérez, que atribúe ao consumo por parte do centro de operacións de Ence en Lourizán. Quere que obrigue a Ence a reducir  o consumo ou, se persiste a situación de seca, a deixar de captar do río para garantir a subministración aos cidadáns

Fervenza do río Lérez en Monte Porreiro con pouca auga
Fervenza do río Lérez en Monte Porreiro con pouca auga / Diego Torrado

O goberno local de Pontevedra declárase "perplexo" coas oscilacións que está a sufrir o nivel de auga do río Lérez, que atribúe ao consumo por parte do centro de operacións de Ence en Lourizán. Ante esta situación, decidiu que o Concello dirixirase oficialmente á Xunta de Galicia para que adopte as medidas oportunas e obrigue a Ence a reducir o consumo ou, se persiste a situación de seca, deixar de captar do río Lérez. 

O portavoz do goberno local, Raimundo González, recordou este venres que as alarmas saltaron a pasada fin de semana, cando os servizos técnicos detectaron, a través das estatísticas facilitadas pola Xunta de Galicia, que o nivel do Lérez baixara a 1,9 metros cúbicos por segundo. Tras dar a alerta, en cuestión de días, recuperouse o caudal e o martes xa estaba en 4,4, pero a situación non quedou aí, senón que paulatinamente volveu a reducirse

Así, o mércores 11 xa estaba en 2,4 metros cúbicos por segundo e este xoves baixou aos 1,89, medida que obrigou a volver captar auga do encoro do Pontillón do Castro. Este venres, milagrosamente de novo, volveu a subir o nivel e Pontevedra e a súa comarca poden captar auga de novo directamente do río

Ante tales subidas e baixadas, González valor que "realmente é un escándalo o uso e o abuso por parte de Ence do caudal do río Lérez", por iso é polo que se decidiu pedir á Xunta que se implique para poñer fina á situación, pois é a administración competente da conca hidrográfica de Galicia-Costa á que pertence o Lérez.

A petición inicial é que Ence reduza o consumo en momentos como o actual de seca e, se a situación persiste, que deixe de captar auga, pois a prioridade debe ser que os cidadáns de Pontevedra, Marín, Bueu, Poio, Sanxenxo e Ponte Caldelas poidan dispoñer de auga, "que é un elemento necesario para a vida das persoas".

"Que se deixe de malgastar auga", pide Raimundo González, que insiste en que "non é normal" que o nivel do río se reduza en dous días máis de 200.000 metros cúbicos, pois trátase dunha cantidade que implica sete veces o que consomen os cidadáns de Pontevedra e a súa contorna.

Cabe lembrar que a principios desta semana, cando o Concello deu a primeira voz de alarma sobre a situación, Ence negou que fora responsabilidade da empresa, asegurando que a captación de auga fora a mesma que noutras ocasións e que a variación da canle non gardaba relación coa súa factoría de Lourizán. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en