O Concello prepara un "contrato ponte" para o servizo de limpeza do Teatro Principal, Pazo da Cultura e Recinto Feiral

Pontevedra
01 de agosto 2022

A portavoz do goberno local, Anabel Gulías, explicou en rolda de prensa que "tiñamos un atraso coa licitación deste contrato" por culpa da pandemia e da disolución do organismo autónomo que xestionaba estes tres equipamentos municipais co posterior nomeamento dun xefe de infraestruturas culturais

Pazo da Cultura
Pazo da Cultura / Juan Mejuto

A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra aprobou este luns un "contrato ponte" do servizo de limpeza integral das instalacións do Teatro Principal, do Pazo dá Cultura e do Recinto Feiral.

A portavoz do goberno local, Anabel Gulías, explicou en rolda de prensa que "tiñamos un atraso coa licitación deste contrato" por culpa da pandemia e da disolución do organismo autónomo que xestionaba estes tres equipamentos municipais co posterior nomeamento dun xefe de infraestruturas culturais.

Desde hai varios meses "empezamos a traballar na licitación do novo contrato" que ten "certa complexidade, desde o punto de vista administrativo" polo que "se vai a demorar" e por iso optouse por esta fórmula simplificada do "contrato ponte" por seis mensualidades e por un importe de 41.089 euros ao mes.

O Concello recorrerá a esta mesma fórmula co contrato de mantemento destes edificios.

Cabe lembrar que este asunto é obxecto de polémica política no Concello de Pontevedra xa que o grupo municipal do Partido Popular anunciou a súa intención de levar aos tribunais o pago de facturas derivadas da limpeza do Pazo da Cultura abonadas a Ferrovial sen tramitación previa. 

Os concelleiros populares Pepa Pardo e Gerardo Pérez Puga aseguraron en rolda de prensa que esta forma de proceder "es una irregularidad" e apuntaban que "roza el ilícito penal" xa que "son adjudicaciones realizadas al margen de la realidad. Y no lo dice el PP, sino la Intervención". 

No seu momento a concelleira de Cultura, Carmen Fouces, responsable política do Pazo, respondeu a estas acusacións do PP vinculando os pagos á demora na contratación do servizo como consecuencia da pandemia do coronavirus, que provocou o atraso na licitación e adxudicación dalgúns contratos.