O Concello prepara unha nova adxudicación do aparcadoiro de Veteris

Pontevedra
28 de maio 2019

A Xunta de Goberno aprobou someter a exposición pública ese proxecto de explotación por un período de 30 días hábiles e unha vez transcorrido ese prazo estudaranse as alegacións presentadas, aprobarase e xa se poderá volver sacar a contratación ese aparcamento

Aparcamento subterráneo no edificio Veteris
Aparcamento subterráneo no edificio Veteris / Mónica Patxot

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou iniciar o proxecto de adxudicación do aparcadoiro de Veteris na rúa Antón Fraguas.

Despois de que a mesa de contratación acordase excluír a única oferta presentada para xestionar o aparcamento agora o Concello "resetea todo e se volve a iniciar o proxecto de explotación", segundo informou en rolda de prensa o portavoz do goberno local, Raimundo González.

Así, a Xunta de Goberno aprobou someter a exposición pública ese proxecto de explotación por un período de 30 días hábiles e unha vez transcorrido ese prazo estudaranse as alegacións presentadas, aprobarase e xa se poderá volver sacar a contratación ese aparcamento.

A razón é que este novo proceso é que a oferta que no seu día presentou a actual concesionaria nun procedemento negociado, non cumpría cos requisitos fixados no proxecto de concesión do aparcamento. Agora o goberno local fixo "algunha modificación puntual pero substancialmente é igual" este prego que o anterior.

A empresa, Parking Centro Ciudad de Pontevedra SL, foi a única que se presentou ao proceso de adxudicación directa do aparcamento, convocado tras quedar deserto o concurso público.