O Concello presenta os espazos de estacionamento de vehículos na rúa Cruz Vermella

Pontevedra
11 de decembro 2018

Está previsto que na rúa Cruz Vermella se creen prazas de mobilidade de reducida, espazos de servizos e tamén de carga e descarga

Reforma da rúa Cruz Vermella Mónica Patxot

O concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, mantivo esta tarde unha reunión cos comerciantes da rúa Cruz Vermella para presentarlles o sistema de estacionamento que está previsto na rúa e nos seus arredores, logo de que remate a obra de reurbanización, que será a finais deste mes.

Está previsto que a rúa Cruz Vermella se creen prazas de mobilidade de reducida, espazos de servizos e tamén de carga e descarga.

Nas rúas Salustiano Portela Pazos e en Álvaro Cunqueiro crearanse prazas de servizos e finalmente en Padre Gaite, ademais de dúas prazas para mobilidade reducida, o resto de estacionamentos estarán reservados para Cruz Vermella.

Os comerciantes solicitaron un espazo de estacionamento de motocicletas que xa foi acordado na propia reunión.