O Concello regulará o mercado de antigüidades e propón o seu traslado da Verdura a Mugartegui

Pontevedra
14 de maio 2015

O goberno local aprobou este martes o borrardor da nova ordenanza de mercados que introduce unha serie de novidades como abrir a primeira planta da Praza de Abastos a outros usos alternativos, poder optar aos postos vacantes sen o tortuoso proceso administrativo actual e habilitar unha fórmula de dous anos de aluguer das bancadas en período de proba, antes da concesión do posto por 25 anos

Mercadiño de antigüidades na Verdura
Mercadiño de antigüidades na Verdura

O goberno local aprobou este martes o borrardor da nova ordenanza de mercados que introduce unha serie de novidades como abrir a primeira planta da Praza de Abastos a outros usos alternativos, poder optar aos postos vacantes sen o tortuoso proceso administrativo actual e habilitar unha fórmula de dous anos de aluguer das bancadas en período de proba, antes da concesión do posto por 25 anos.

Outro dos aspectos máis demandados da ordenanza é que resolve a alegalidad do mercado de antigüidades que se celebra cada domingo na praza da Verdura.

Entre outras medidas o borrador contempla limitar a 40 o número de prazas nesta feira, prohibir produtos que non sexan antigüidades (máis de 40 anos) ou coleccións descatalogadas (máis de 25 anos) ou réplicas (deberá indicar expresamente que o son).

Ademais a Ordenanza considera unha autorización por persoa impedindo que as cooperativas acaparen postos, e unha regulación estrita de horarios e montaxe de expositores.

A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, tamén propuxo o traslado deste mercado da Verdura á praza da Pedreira ou Mugartegui, ao entender que é un recinto moito máis axeitado e resolvendo deste modo unha das constantes queixas dos veciños e empresarios da praza.

A aprobación desta Ordenanza corresponderá á próxima corporación.