O Concello reserva 370.000 euros para asumir o aumento salarial dos seus traballadores

Pontevedra
28 de xaneiro 2019

Así o obriga o Real Decreto aprobado polo Goberno e que Pontevedra, cumprindo co mandato legal, adoptará con efectos do 1 de xaneiro. Esta medida afectará non só aos funcionarios municipais, senón tamén ao persoal laboral. Será para os traballadores do Concello e do seu organismo autónomo, o Pazo da Cultura

Rexistro xeral do Concello de Pontevedra
Rexistro xeral do Concello de Pontevedra / Mónica Patxot

Todos os traballadores do Concello de Pontevedra cobrarán, a partir de agora, un 2.25% máis. Así o obriga o Real Decreto aprobado polo Goberno e que Pontevedra, cumprindo co mandato legal, adoptará con efectos do 1 de xaneiro.

Esta medida afectará non só aos funcionarios municipais, senón tamén ao persoal laboral. Será para os traballadores do Concello e do seu organismo autónomo, o Pazo da Cultura.

A subida de soldo supoñerá un aumento de 370.000 euros na partida de persoal que recollen os orzamentos para 2019 que, este luns, entraron en vigor coa súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.